A cotización do percebe cae en picado a dúas semanas do nadal polo seu pequeño tamaño

A pesar de que as esperanzas estan postas no repunte dos prezos do percebe ao final da semana, os resultados despois da subasta celebrada esta tarde na lonxa de Aguiño non son moi favorecedores. O percebe, que a semana pasada acadaba prezos de ata 100 euros, esta tarde tan só chegou aos 89, indo o prezo máis baixo a 15 euros. O problema, a calidade do producto e o seu tamaño moi inferior á media. O mal tempo é o que está a impedir que os mariñeiros se acheguen ás zonas máis productivas. No día de mañá farase un segundo asalto ás pedras, no caso de que o tempo mellore e podan achegarse sen dificultade e coller un bo producto o prezo volverá ir á alza e os compradores que xa se están incrementando por mor da campaña do Nadal poderán marchar cunha boa reposición de percebe.

Jose Antonio Santamaría explicaba esta mañá a tendencia do prezo e a importancia de que aumente canto antes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.