O 20D chega ao BARBANZA a XI CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 9º MEMORIAL PEPE BUCETA

O concello de Boiro ven de presentar a XI Carrera popular ‘Mar de Boiro’ que se celebrará o vindeiro 20 de decembro as once da mañá, coincidindo este ano co noveno memorial Pepe Buceta.

O alcalde de Boiro Xoán Xosé Dieste xunto ao edil de deportes Nolo García e o corredor Rubén Caamaño estiveron no acto de presentación desta nova edición na que se manterá o trazado, a filosofía e os quilómetros de distancia.

Os adultos terán que cubrir un circuíto de 10.000 metros mentres que os escolares deberán enfrontarse a 2.500 metros. Os mini, 200.

Dende o concello fan un chamamento á participación, esperando que o tempo acompañe este ano. Aínda así esperan unha participación de 1.200 persoas.

Os interesados en participar poderán facelo ata xoves 17 de decembro e os que o desexen aínda están a punto de inscribirse ata o xoves 11; ben na páxina web championchipnorte.com e os nenos na casa da cultura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.