A Pobra do Caramiñal comeza a conta atrás para dar benvida ao novo ano, e do mesmo xeito o fai o seu alcalde, Xose Lois Piñeiro, que agarda indeciso a resposta do novo director do Consorcio Galego sobre a posta en marcha do novo centro de saúde.
Foi fai vinte días cando o mandatario local e o edil Miguel Alamancos visitaron as instalacións do Consorcio para coñecer ao novo director e transladarlle a necesidade de comprender a situación real da infraestructura e poder estudar a achega económica do concello para incluila nos ornamentos do vindeiro ano. Polo de agora o concello non obtivo resposta.
O 30 de marzo Isaac Maceiras procedía á inauguración do centro de día nun acto no que acudiu o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda e a conselleira de Traballo Beatriz Mato.
Esta infraestructura que conta cun custe próximo ao millón de euros poderá atender a corenta usuarios, ten preto dos seiscentos metros cadrados de superficie, está dotada de dúas plantas, con cociña e comedor, varias salas polivalentes nas que poder desenvolver terapia ocupacional e rehabilitación, así como dúas terrazas.