A consellería aborda novas liñas de colaboración coa asociación misela para persoas con discapacidade de NOIA E MUROS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá en San Caetano unha xuntanza con responsables da Asociación de Persoas con Discapacidade das comarcas de Noia e Muros (Misela), co obxectivo de coñecer de primeira man os programas que desenvolven así como estudar novas vías de colaboración.

Rey Varela destacou o traballo que realiza Misela, que dispón dun centro de día con 20 prazas e un centro ocupacional con outras dez nos que atenden a persoas con discapacidade dos municipios de Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros. A nivel autonómico, esta asociación é membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que o vindeiro ano verá incrementada en case un 30% o convenio de colaboración que mantén coa Consellería de Política Social. Así, a achega da Xunta de Galicia á devandita confederación chegará en 2016 a unha contía de 946.000 euros fronte aos 731.398 do presente exercicio de 2015.

Salir de la versión móvil