A gran árbore de nadal xa ilumina a praza do CONCELLO DE RIBEIRA

A cidade ribeirense entrou onte de cheo no Nadal. Foi a última hora da tarde cando, ao son das panxoliñas, tivo lugar o aceso da iluminación na Praza do Concello, onde se instalou unha gran árbore duns vinte metros de altura. A concelleira de Cultura, Fabiola García, cedeu a un dos numerosos pequenos que se atopaban no lugar o mando que accionou o sistema lumínico.
A comitiva, formada por varios membros do executivo local e polo empresario Ramiro Carregal, desprazouse despois á praza da igrexa para inaugural o belén alí instalado. A ruta do Nadal concluíu en Aguiño, onde tamén se presentou o nacemento.
Durante os próximos días continuarán os traballos de instalación de arcos nas parroquias. Valorado en 30.000 euros, a iluminación é unha das partidas principais dentro dos 100.000 euros que destinará este ano o Concello de Ribeira ás festas do Nadal. Outro prato forte é a pista de xeo da praza de España. A intención é que entre en funcionamento mañá, cunha xornada de portas abertas, pero aínda non está confirmado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.