RIBEIRA conmemora o DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

O Concello de Ribeira conmemorou este sábado o Día Internacional do Voluntariado cun acto desenvolvido no salón de plenos do Consistorio ao que asistiron unha vintena de voluntarios e voluntarias que colaboran activamente no eido social.

O evento contou coa participación da concelleira responsable dos Servizos Sociais, Esther Patiño; da xefa do servizo, María Francisca Vidal, e da traballadora deste departamento María José Carreira.

No transcurso do acto deuse lectura a un manifesto elaborado para a ocasión.
Para rematar, Esther Patiño salientou o exemplo de todas estas persoas e agradeceu o seu traballo desinteresado desexando que as xeracións máis xóvenes se sumen a este labor.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.