A mala fortuna volveu cruzarse no camiño do Atlético Ribeira. Esta vez foi a expulsión no minuto 4 de Marcos Fariña, que debutaba na liga, a que condenou ao Ribeira ante o Villestro. Os de Susín asómanse ao abismo e necesitan unha reacción rápida para frear a mala serie que están a padecer nos últimos partidos. O bo xogo que mostran por momentos, choca cos erros defensivos que condenan ao equipo a remar ao contraxeito o que fai que o marcador réflex un 2-4.
Un golazo de Choco alarga a racha dun Puebla que suma tres victorias consecutivas. Os mozos de Iñaki Tembra conseguiron tres puntos fundamentais, que lles permiten tomar distancia co descenso e manterse na zona tépeda da táboa.
https://www.youtube.com/watch?v=x1tCh4P204I