FEIJÓO destaca que GALICIA atopou na constitución de 1978 un camiño seguro cara á súa convivencia e liberdade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a nosa comunidade atopou na Constitución de 1978 un camiño seguro cara á súa convivencia e liberdade. Así o manifestou no acto conmemorativo do XXXVII Aniversario da Constitución Española.

A ese respecto, recordou que os galegos sabemos que tanto o autogoberno da nosa nacionalidade histórica como a autonomía dos nosos municipios, son fillos da Constitución e están garantidos por ela.

Feijóo subliñou que a Constitución que conmemoramos non é consecuencia da derrota duns españois á mans doutros, senón da vitoria de todos e lembrou que o texto constitucional ampara a todos e non é de ninguén, “non está limitada por un marco temporal que a faga hoxe anacrónica” engadiu.

O presidente da Xunta sinalou tamén que a nosa primeira obriga é mirar atrás con admiración, con respecto e coa actitude de quen desexa aprender para evitar erros na súa andaina. Aínda que, tal e como aclarou, a reforma non é un tabú, sempre e cando teña obxectivos claros e naza dun sentimento maioritario da sociedade española e non por imposición ou mero capricho.

https://www.youtube.com/watch?v=qqqpm0LJJc0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.