Os 30 cadros seleccionados da XI BIENAL DE PINTURA DO EIXO ATLÁNTICO expóñense no CENTRO LUSTRES RIVAS DE RIBEIRA

O calendario de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas remata o ano 2015 coa exhibición das 30 obras seleccionadas da XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.

O acto inaugural da mostra tivo lugar onte pola tarde, significando a súa estrea na comunidade galega, pois unicamente fora amosada en Portugal.

Vázquez Mao salientou que a Bienal de Pintura é unha das tres exposicións itinerantes con máis visitas da península Ibérica, o que dá medida da súa importancia; en tanto que Ruiz Rivas mostrou a súa satisfacción por poder ofrecer aos riveirenses un programa de exposicións no Lustres Rivas que abarcou practicamente todo o ano.

Os premiados desta edición foron:

• Primeiro Premio. Mellor obra do certamen Sen título de Olmo Blanco Fuentes.
• Segundo Premio ao autor portugués, The first date de Rui Sousa.
• Terceiro Premio ao autor galego: No tengo nada de Raquel Martínez Ortiz.
• Premio Novos Talentos Luso-galaicos á obra Lady by the sea de Diogo Costa.

A bienal estará aberta ata o vindeiro 27 de decembro. O horario de visitas é de luns a venres de 10 a 14 horas, ademais dos mércores, xoves e venres de 19 a 21 horas, e os sábados de 11.30 a 13.30 horas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.