O BNG do Barbanza xa ten claro cales serán as emendas que o grupo parlamentario presentará aos orzamentos da Xunta para o ano que vén.
Son quince e suman un total de trece millóns de euros. Con elas os nacionalistas pretenden que se dea resposta as grandes necesidades da comarca, que asgeuran estar esquecidas dende fai uns anos polo goberno do partido popular.
A activación do polígono industrial comarcal supón unha das emendas que vai presentar o grupo e que suman un total de dous millóns de euros. O Bloque pedirá que se inclúa tamén unha partida para a posta en marcha do viveiro de empresas en Boiro.
En políticas sociais reclaman tamén outros dous millóns de euros para o hospital da Barbanza.
Seguindo coas demandas en materia social, o BNG solicita tamén partidas para o arranxo do centro de saúde da Pobra e o inicio dos trámites para a construción do centro de día de Rianxo.
Outras das emendas máis importantes fan referencia á actuacións encamiñadas á rexeneración da Ría, 1’5 millóns de euros, ou obras de saneamento, por un valor total de máis de dous millóns.