Esta maña no Centro Social de Boiro tivo lugar a presentación do calendario solidario da Asociación AMBAR para 2016.
No acto estiveron presentes os protagonistas dos 12 carteis do calendario, arroupados por familiares, amigos, e persoal da entidade, acompañados de Beatriz Deus, concelleira de Servicios Sociais do Concello de Boiro, Alicia Romero educadora social de Ambar, e Milagros Rey vicepresidenta da entidade.
Tamén nos acompañaron o fotógrafo colaborador Pichero, ademáis de Chefa e Mamen Pérez como representante de Academia Yara que foron as encargadas de maquillar e peitear ós nosos figurantes.
No acto proxectaronse dous vídeos sobre o proceso de maquillaxe e peiteado e o “Making-off” do proceso de elaboración de cada portada de película.
Trala presentación, os asistentes desprazáronse ata a Rúa Peonil onde se colocou un punto expositivo para mostrar sobre cabaletes os 12 carteis.
Animamos a todo o mundo a adquirir un exemplar deste magnífico calendario, do que se poñen a venda 500 unidades.
https://www.youtube.com/watch?v=ZNkdMkV8vKc