Rianxo

Continuan as deficiencias na zona portuaria de RIANXO pola deixadez de PORTOS DE GALICIA

Foi o pasado día 20 de novembro cando o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán visitou a comarca do Barbanza para coñecer as melloras nas instalacións do club náutico de Cabo de Cruz. Semanas antes tamén estivo no municipio de Porto do Son para visitar as obras do espigón que a día de hoxe xa son unha realidade. Son múltiples as visitas que o levan á comarca do Barbanza, sen embargo as promesas para o municipio de Rianxo seguen sen facerse realidade.
O alcalde, Adolfo Muíños, asegura que o ente ten un paquete de actuacións pendentes neste concello e que son de moita urxencia.

https://www.youtube.com/watch?v=68QUpJzN3zg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.