O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta inicia o deseño do Plan de Apoio á Natalidade coa Tarxeta Benvida, que achegará 100 euros ao mes para os nenos e nenas que nazan a partir do 1 de xaneiro de 2016.
Como sinalou o máximo responsable autonómico, trátase dunha tarxeta coa que as nais e os pais galegos poderán costear parte dos gastos que ten un bebé nos seus primeiros momentos de vida. Neste senso, quixo destacar tres aspectos fundamentais.
o titular da Xunta puxo en valor a axilidade coa que se ten desenvolvido o proceso de preparación desta tarxeta, que ten unha complexidade administrativa importante. Con respecto a isto, recoñeceu que, pese a iso, todo está listo para que o próximo 30 de decembro o Diario Oficial de Galicia publique a orde correspondente, é dicir, para que os pais poidan solicitar a axuda desde o mesmo 1 de xaneiro do ano que vén.
O consello aprobou tamén o primeiro plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-costa. Ademais dende a xunta seguirán a impulsar a reactivación do sector eólico e dá luz verde a tres novos parques, que supoñerán un investimento conxunto de máis de 115 millóns de euros
https://www.youtube.com/watch?v=uFq6oQBCWQk