A Variante de Noia rexistrou dende a súa posta en funcionamento unha intensidade media diaria de 7.000 vehículos ao día (6.948), con puntas no entorno dos 10.000 vehículos/día nos fines de semana e festividades coma o día do Carme.
As maiores intensidades rexistráronse no treito da infraestrutura que comunica o corredor Brión – Noia co enlace do Testal, no que se atopa o singular viaduto atirantado executado sobre a ría de Noia. Pero tamén son moi significativos os tráficos constatados no treito que comunica o enlace do Testal con Taramancos, no entorno dos 5.600 vehículos/día.
Este dato pon de manifesto que o vial non só serve para reducir os tempos de percorrido no itinerario Santiago- Porto do Son, senón que ademais da un importante servizo aos veciños de Noia, que utilizan a nova estrada para acceder dun extremo ao outro da vila, no lugar de atravesala. Isto mellora de xeito moi notable a calidade da vida no núcleo, ao reducirse o tráfico que o atravesa en máis dun 40 por cento .Ademais, o corredor Brión – Noia rexistrou intensidades de tráfico moi importantes desde a posta en servizo da variante, con rexistros próximos aos 19.000 vehículos/día na última fin de semana. Este dato supón que o tráfico foi superior ao dobre do media anual, o que pon de manifesto a importante captación de tráfico que están a traer consigo as melloras realizadas pola Administración autonómica nas infraestruturas viarias da comarca.
Os datos rexistrados ata o momento poñen de manifesto que a Variante de Noia no seu conxunto captará unha media anual de intensidade de aproximadamente 5.400 vehículos ao día. Ademais os datos corroboran que se están a cumprir as previsións realizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura respecto ao tráfico que captaría o novo vial: entre 5.000 e 6.000 vehículos/día en media anual, e unha media que podería aproximarse aos 8.000 nos meses de verán.
http://youtu.be/omiuKgl54qQ