Nas eleccións xerais que se celebrarán o 20 de decembro o BNG formará parte da Nós-Candidatura Galega. A coalición electoral na que participa o bloque está formada tamén por diferentes asociacións e persoas que se integraron a título persoal. Trátase dunha candidatura 100% galega, e o ribeirense Carlos Callón liderará a lista ao congreso pola provincia da Coruña. Así o explicou esta mañá a portavoz do bng de Boiro, Raquel Suárez quen ademais deu a coñecer a un dos candidatos da comarca, Xosé Deira.
https://www.youtube.com/watch?v=UDAw88yJDXk