O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a sanidade pública galega é unha das mellores das rexións europeas e puxo en valor os últimos avances feitos nos últimos anos neste ámbito, como a incorporación dos novos tratamentos contra a Hepatite C, aos que xa accederon máis de 3.000 pacientes en Galicia.
Nese senso, durante a súa intervención no Pleno da Cámara galega, Feijóo concretou que Galicia é a cuarta Comunidade autónoma con máis tratamentos contra a hepatite C, grazas a un investimento de máis de 75 millóns de euros.
Tamén puxo de manifesto o compromiso da Xunta coa Sanidade Pública ao recordar que nos presupostos previstos para o próximo ano 2016 esta área volve ser a que máis se incrementa, en máis de 100 millóns de euros con respecto ao ano anterior, así como que ao final da lexislatura o 70% dos galegos contará cun hospital ou centro de saúde novo ou ampliado na súa área de influencia.
https://www.youtube.com/watch?v=5m46c7cEJ1g