Aprobada por unanimidade a moción presentada por HERMINIA POUSO sobre os valores catastrais

Unha sesión tranquila e con moitos puntos aprobados por unanimidade foi a que se celebrou na tarde de onte na casa consistorial de Ribeira. A pesar de que foron 18 puntos e unha moción de urgencia os debatidos, integrantes dos grupos políticos da corporación actuaron con tranquilidade nun pleno que necesitou bastante tempo.

Unha das moción aprobadas por unanimidade foi a presentada por Herminia Pouso en relación á proposición do bng, presentada por maría do pìlar sampedro en relación ás continuas subas da contribución urbana.

Por unanimidade tamén a proposición de IPdeR, presentada por Rosa García Pose para incrementar a partida de gasto social e así poder subvencionar aos alumnos que empreguen o transporte para asistir aos centros educativos.

Decaeu a proposta do bloque sobre a declaración de santa uxía como municipio oposto á aplicación do tratado transatlantico de comercio e investimentos ao votar en contra o pp e didadáns.

A moción de urgencia foi presentada por cidadáns para levar a cabo melloras no portal de transparencia do concello como por ejemplo mostrar a retribución da tenente de alcalde ou o listado de decretos da alcaldia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.