O responsable do Goberno galego, resaltou na entrega dos IX Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para así favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade.
O presidente da Xunta defendeu na súa intervención o papel central que desenvolveu a innovación na recuperación económica e destacou o enorme esforzo que o tecido industrial da nosa comunidade está a facer para incorporar a innovación aos procesos de produción. Como exemplo, quixo destacar o lanzamento do coche autónomo que tivo lugar hai escasos días.
Estas innovacións tecnolóxicas ofrecen, na opinión de Feijóo, un abano de posibilidades inmenso para o crecemento industrial, pero sobre todo á hora de afrontar os retos sociais que ten que asumir Galicia como son o da dependencia e o envellecemento social.