Xunta de Galicia

A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2020 para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.