A construción de pantaláns para mariscadores en CABO DE CRUZ facilitará o traballo a máis de 300 persoas

Os pantaláns para os mariscadores de Cabo de Cruz van ser unha realidade para o vindeiro ano.
Así o asegurou o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, quen explicaba esta mañá que se trata dunha demanda histórica por parte dos traballadores do mar deste municipio.
Unha petición que ademais veñen facendo os grupos políticos da oposición, e que por fin vai ver a luz grazas ao presuposto que a Xunta ten destinado para este municipio no ano 2016 e que ascende a unha cifra superior aos 500 mil euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.