O alumnado co curso de Castañicultura de Lousame visita dúas explotacións de venda de castañas, carne e cogomelos en A Estrada

A vintena de alumnos e alumnas que participan no Curso de Castañicultura Ecolóxica, organizado polo Concello de Lousame, realizaron unha saída práctica ata o municipio pontevedrés de A Estrada. Aló visitaron dúas explotacións para coñecer de primeira man os sistemas de produción para o cultivo ecolóxico de castañas, así como os coidados que requiren os castiñeiros e que se están empregando actualmente.

O alumnado visitou primeiro unha explotación comunitaria en Monte Cabalar (Codeseda – A Estrada), que son recoñecidos produtores de castaña e de carne fresca e transformada. Despois trasladáronse ata a localidade de As Quinta, onde visitaron unha explotación familiar e fixeron unha práctica de inoculación de cogomelos en madeira morta e en palla.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.