O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou na clausura do encontro “Falemos de mercados de futuro” que o Plan de Mercados Excelentes, que se presentará antes de que remate o ano, “nacerá do consenso, a participación e o debate para xuntos impulsar a competitividade das nosas prazas de abastos”.
Conde foi o encargado de pechar unha xornada de debate na que a Xunta convidou a participar a comerciantes, consumidores e concellos para contar coas súas achegas na elaboración desta folla de ruta que incluirá medidas específicas para que os mercados galegos sigan camiñando cara a excelencia, como apoios para a mellora da imaxe e a atención ao cliente, ou axudas para que as asociacións de praceiros melloren servizos e equipamentos.
Do mesmo xeito, o Plan, que tal e como salientou Conde busca “continuar modernizando os que son os máis importantes centros de dinamización do comercio de proximidade”, contemplará iniciativas para reforzar o emprendemento nas prazas, entre as que se atopan o impulso á apertura de novos establecementos en mercados de baixa ocupación.
CONDE presentará unha iniciativa para impulsar a competitividade das prazas galegas
Please login to join discussion