Icono del sitio CanalBarbanza.com

O vicepresidente da Xunta visitou esta mañá as remodeladas instalacións da Policía Local e da Brigada de limpeza viaria e xardinería na Pobra.

Alfonso Rueda, acompañado do alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro; da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, indicou que mediante esta actuación levada a cabo nas dependencias da Policía Local, permítese por unha banda, aproveitar mellor o espazo, e por outra banda, mellorar as condicións de traballo do persoal destes dous servizos.

Salir de la versión móvil