O CONCELLO DE LOUSAME paga aos seus provedores nunha media de 32 días

Unha media de 32 días. Ese é o prazo no que o Concello de Lousame executa os pagos aos seus provedores. Así se desprende da dación de conta do Pago Medio a Provedores do primeiro, segundo e terceiro trimestre de 2015, que se realizou durante o Pleno extraordinario celebrado onte xoves.

Se no primeiro trimestre se pagaba nunha media de 26,33 días, esta cifra aumentou ata os 39,86 días no segundo. Xa no terceiro trimestre deste ano baixou novamente ata os 32,51 días.

Na orde do día tamén se contemplaba a aprobación dunha modificación e dun recoñecemento extraxudicial de crédito de 2.215,71 euros para aboar unha serie de facturas correspondentes a pequenos arranxos e gastos. O punto aprobouse cos votos a favor do PP, en contra do PSOE e a abstención do BNG. O concelleiro do Partido da Terra de Lousame, Xoán Evans, non votou xa que, pese a estar presente na sala, decidiu non incorporarse ao pleno ata o debate das mocións.

Teresa Villaverde tamén levou ao pleno por vía de urxencia outro recoñecemento extraxudicial de crédito por 13.342,40 euros para a afrontar gastos extraordinarios da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.