Medio Ambiente Licita Por Máis De 200.000 Euros As Obras Da Terceira Fase Do Saneamento Na Ribeiriña, Na Pobra Do Caramiñal

O Diario Oficial de Galicia publicou a licitación das obras da terceira fase do saneamento na Ribeiriña, no Concello da Pobra do Caramiñal, por máis de 200.000 euros

Cómpre lembrar que neste proxecto xa foron previstas dúas fases anteriores nas cales se investiron 1,3 millóns de euros. Unha primeira fase, cunha achega económica de máis de 648.000 euros, incluíu dous bombeos coas súas respectivas impulsións e tres tramos de colectores xerais de case 3 km de lonxitude; e unha segunda fase, cun investimento de máis de 653.000 euros, que supuxo a recollida de augas residuais dos núcleos da Ribeiriña e O Conchido e o seu transporte mediante colectores e impulsión ata o colector executado na primeira fase.

A obra que se licita hoxe define e valora as actuacións necesarias para executar a terceira fase do sistema de saneamento da Ribeiriña, permitindo a conexión das novas redes coas xa executadas en fases anteriores.

A conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez adicou unhas verbas sobre a construción da infraestructuta

http://youtu.be/ixzAE_t45rc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.