O furtivismo recrudécese en Cabo de cruz, nas últimas semanas os gardapescas da confraría crucense viviron duros enfrontamentos cos furtivos. Hai apenas dúas semanas os furtivos chocaron o seu vehículo co coche da confraría, cando os gardapescas lles tentaba pechar o paso na sua fuxida, e dende a confraría pensan que tamén están detrás do incendio que sufriu o coche dos gardapescas este pasado venres.
