O CONCELLO DE PORTO DO SON creará postos de traballo no ano 2016

O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo avanza que nos ornamentos do vindeiro ano se destinará unha partida importante para a creación de, polo menos, sete postos de traballo.
Oujo anunciou que se prevé a contratación de dúas ou tres socorristas para a piscina municipal, dun profesional que se incorporará a Protección Civil, doutro que reforzará o persoal da Policía Local e dun par de técnicos encargados de atender o centro de información do castro de Baroña e realizar visitas guiadas ao xacemento.
O rexedor afirmou que o Concello ten un persoal de persoal moi escasa, á vez que recalcou que tamén se cubrirán vacantes nas oficinas xerais da Administración local.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.