O amarre dos barcos pola flota do cerco está a traer problemas colaterais aos sonenses e ao resto de municipios que viven deste arte de pesca.
As primeiras afectadas son as redeiras, os piares do patrimonio cultural da Galicia mariñeira que se ven obrigadas a abandonar as redes por falta de traballo.
Ines Vázquez, unha das traballadoras que segue en activo explica a situación que están a vivir.