O Consello da Xunta aprobou hoxe que se concedan 1.822 novas libranzas para coidados na contorna familiar, o que reforza o sistema galego de atención á dependencia. O seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, enmarcou esta medida dentro do esforzo que está a facer o Goberno galego “para atender as persoas máis vulnerables”, entre as que están as persoas con dependencia e as súas familias. Así, nos orzamentos de 2016 consígnanse á atención á dependencia máis de 324 millóns de euros, 26 millóns máis ca nos de 2015.
O orzamento para esta medida é de 9,65 millóns de euros dos que a inmensa maioría, 9,47 millóns, son pagamentos correspondentes aos meses nos que estas persoas tiñan dereito a libranzas, pero aínda non lles foran concedidas.
O presidente da Xunta repasou o proceso de modernización que está a vivir en Galicia a atención á dependencia, con fitos como a entrada en vigor, en 2013, da carteira de servizos á dependencia, que permitiu flexibilizar os servizos que se ofrecen, abrir os centros ás persoas que non sexan usuarias do seu servizo de residencia asistencial e ofrecerlle a cada usuario un repertorio de servizos á súa medida.
A XUNTA concede 1822 novas libranzas para reforzar o sistema de atención á dependencia e sinala que a lei de economía social fomenta a creación de cooperativas
Please login to join discussion