O concello de Rianxo, en colaboración coa Deputación da Coruña está a desenvolver unha campaña de compostaxe caseira. Este mañá no Auditorio Municipal, celebrouse o acto de entrega dos composteiros ós/ás veciños/as que o solicitaron.
O acto consistiu nunha charla formativa, na que se deron as directrices de montaxe, ubicación e inicio do proceso de compostaxe.
O número de composteiros que se entregaron foi de 38, con esta campaña preténdese reducir o volume de residuos orgánicos que botamos ao lixo. Creando un abono orgánico, “o compos” que mellora os chans, das hortas e xardíns.
Esta campaña é a continuidade da celebrada do 2013, na que se entregaron 50 composteiros aos veciños.
O CONCELLO DE RIANXO fai entrega de 38 composteiros para o abono
Please login to join discussion