FALECE UN VECIÑO DE A POBRA nun incendio na súa casa

Manuel Pérez Fernández de 83 anos faleceu esta mañá nun incendio rexistrado na súa vivenda nas inmediacións da Igrexa Pobrense de Santa María A Antiga.
Os bombeiros de Ribeira recibiron un aviso do 112 ás seis da mañá alertándoos do suceso.
Dirixíronse ao lugar indicado e unha vez alí comprobaron que varios veciños e unha patrulla da Garda Civil estaban botando auga ao interior da vivenda, por unha fiestra da primeira pranta, cunha mangueira de xardín e coa axuda dunha escada de man, tamén dun veciño.
De inmendiato comezaros as labores de extinción do e ó mesmo tempo tamén comprobaron que naquela estancia, que era o dormitorio, había unha persoa que falecera.
Posteriormente foron movilizados o Forense, a Policía Científica da Garda Civil e
finalmente os servizos funerarios, finalizando a intervención ás 10:15 horas previa
comprobación final de que non existira ningún perigo de reignición do incendio.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.