Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Partido Popular da Pobra denuncia a falta de dilixencia do equipo de goberno para adecentar os camiños e rúas

O PP da Pobra denuncia o estado deficitario de algunhas estradas e camiños do municipio, para mostra disto os concelleiros do Partido Popular desprazáronse ata o lugar do Castro, onde atopamos unha pista que da acceso a varias vivendas feita un barrizal, ali Manuel Durán, explicou as deficiencias dos camiños frecuentemente denunciadas polos veciños e pediu maior dilixencia por parte do equipo de goberno.

Salir de la versión móvil