O ALCALDE DA POBRA non atopa irregularidades na xestión do anterior goberno investigado pola operación pokemon

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xose Lois Piñeiro, asegura que non percibe ningún tipo de irregularidade na xestión do goberno de Isaac Maceiras, feito que demostra ao manter o contrato con Viaqua, que se prolongará ata o mes de xuño.
Foi ás 20.30 horas de onte cando dous axentes do servizo de vixiancia aduaneira entraron nas dependencias do concello da Pobra para solicitar información en base a un oficio emitido pola titular do xulgado de instrucción número 1 de Lugo, Pilar de Lara.
Os axentes abandonaron a casa consistorial xa pasadas as 22.00 horas.
O alcalde insiste en que o nivel de vixiancia foi moi baixo e que tan só fixeron fotocopias dalgúns documentos.
Lois Piñeiro explica as razón da súa visita.
A resolución desta investigación coñecerase nun tempo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.