O CONSELLO DA XUNTA aprobará unha partida de 19 millóns de euros para dotar con 100 mb todos os colexios públicos de galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova partida educativa de 19 millóns de euros para dotar con 100 MB todos os colexios públicos de Galicia.

De igual modo, durante a súa intervención no Pleno da Cámara galega, Feijóo sinalou que nos últimos anos o Goberno galego incrementou nun 23% as prazas de comedores escolares e que a día de hoxe o 85% das familias galegas non pagan nin un só euro pola prestación deste servizo.

Neste senso, o presidente da Xunta subliñou que o Goberno galego seguirá apostando por unha política redistributiva no ámbito dos comedores e ampliando o número de comedores escolares ao longo da lexislatura.

Por outra banda, o titular da Xunta sinalou que o Goberno galego fixo unha aposta decidida polos servizos públicos, tal e como se reflicte nos sete presupostos que o Goberno impulsou e que foron aprobados polo Parlamento galego. A través deles, o 80% da totalidade dos recursos que temos os galegos cada ano se destinaron ao mantemento dos servizos públicos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.