O salón plenario da Casa Consistorial de Ribeira serviu de escenario onte para unha reunión informativa na que se explicou aos grupos da Corporación o estado de tramitación da EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica 2020’, Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado seleccionada en primeira convocatoria para a dotación de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Abundando na mesma liña, hoxe tivo lugar unha reunión de carácter técnico para seguir perfilando un proxecto cuxo orzamento ascende a 6.250.000 euros, dos cales 5 millóns corresponden aos devanditos fondos FEDER.
O Concello de Ribeira perfila as actuacións da estratexia de desenvolvemento máis Riveira atlántica cofinanciada pola unión europea

