O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta da situación do sistema integrado de atención ás emerxencias de Galicia, destacando que o vindeiro ano 2016 o modelo estará plenamente consolidado e “máis preparado e reforzado” para facer fronte ás emerxencias e ofrecer a mellor resposta aos cidadáns.
Nese sentido, o conselleiro explicou que ao longo do ano que vén estará en funcionamento o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia, situado na Estrada, que se vai converter no núcleo de xestión das emerxencias da comunidade, compartindo recursos coa Academia Galega de Seguridade, servindo de base para a Axencia Galega de Emerxencias e coordinando a xestión de todas as emerxencias que se produzan en Galicia.
Nesa liña de buscar a maior eficacia na xestión das emerxencias, o responsable da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén fixo especial fincapé na Rede Dixital de Emerxencias de Galicia, dotada con tecnoloxía Tetra e que se configura como unha ferramenta de extraordinaria importancia para garantir a comunicación e a coordinación.
A Xunta destaca que 2016 será o ano da definitiva consolidación do modelo de atención ás emerxencias “máis preparado e reforzado”
Please login to join discussion