O BNG DA POBRA insta ao concello a que apoie a campaña comercial do nadal

Xosé Manuel Casal Sabín, concelleiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista da Pobra presenta, para inclusión e debate na vindeira sesión plenaria, unha moción relativa ao apoio á campaña comercial do nadal.

Dende o BNG consideran o comercio de proximidade un sector básico da economía local e por isto que insta ao concello a que colabore coas organizacións de profesionais e co Centro Comercial Aberto na realización de todas as actividades e iniciativas que dende eses colectivos se desenvolvan.

Invitan tamén a que o Concello da Pobra do Caramiñal desenvolva unha campaña propia explicativa da importancia do comercio local na economía e humanización da vila.

A aprobación dunha moratoria para a implantación de grandes superficies comerciais.

E tamén a constitución dunha Mesa de Comercio Local.
Aproxímanse as datas do Nadal onde o aumento do consumo da un respiro ao tecido comercial, pero tamén onde cada vez máis persoas aproveitan as datas para desprazarse a outros concellos e cidades para realizar as compras de Nadal, deixando non só ao comercio local con menos clientes, se non que tamén levando recursos e riqueza a outros lugares.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.