O Xefe de Demarcación de Costas de Galicia visitou esta mañá a Pobra do Caramiñal onde se reuniu co alcalde do municipio para tratar diversos temas.
A rexeneración das Xunqueiras e diversas actuacións nas praias de cara ao vindeiro verán estiveron moi presentes, pero as naves industrias do areal e o plan de delimitación dos usos portuarios gañaron terreo neste encontro.
Por unha banda o alcalde deixou claro que, polo de agora non van tratar de conseguir financiación para a rehabilitación das naves porque polo de agora non teñen competencia.
Terán que agardar a que se resolva o recurso interposto polos actuais titulares das naves que teñen a súa concesión alí, unha vez que se resolva e, en caso de que finalmente estea caducada comezarán os trámites para facerse con esta competencia, no caso de que, pola contra, a concesión caduque no ano 2018 costas do estado fará unha solicitude de cese de uso.
Esto non vai botar abaixo a asamblea que o alcalde tiña prevista e que finalmente se celebrará a última semana do mes de decembro, alí os veciños, representantes das diferentes asociacións, grupos da oposición e arquitectos como Simón Castro, poderán debatir sobre o futuro da infraestructura.
En canto ao plan de delimitación dos usos portuarios asegurou que o concello conta co total apoio de costas quen vai reclamar desafección dos terreos portuarios, algo que, pola contra, non traerá problemas con afección de costas ás vivendas.
Descatar tamén que na tarde de onte o Xose Lois Piñeiro e o concelleiro Miguel Alamancos se reuniron en Compostela co novo director do Consorcio Galego de Servizos, Igualdade e Benestar para coñecer o convenio.
Dende o consorcio aseguran que nun plazo de entre 10 e 15 días se volverán poñer en contacto co alcalde para transladarlle información. Lois asegura que é un traballo que urxe pois precisa coñecer a partida que se destinará á súa posta en marcha nos ornamentos do 2016.