Icono del sitio CanalBarbanza.com

Ovidio Rodeiro presenta en Fitur a ría Muros-Noia como un destino que unifica os atractivos turísticos de Galicia ao redor do mar, a natureza, a historia e gastronomía

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou, esta tarde, nunha das presentacións da programación de Galicia que se levaron a cabo na 40º edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid desde hoxe mércores e que rematará o venres.

O delegado territorial destacou, na súa intervención, que “a nosa comunidade ten unha oferta moi diversificada e é quen de ofrecer atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía galega. En cada zona, póñense en valor os seus mellores recursos propios, o que axuda a especializar a oferta e a desestacionalizar a chegada de visitantes, sempre con dúas premisas: a calidade e a sustentabilidade a todos os niveis”.

Salir de la versión móvil