O veciño de Rianxiño busca o apoio municipal ante a súa situación de insostibilidade. Foi o pasado mes de outubro cando José Lesende, fixo pública a súa situación.
Ten 46 anos de idade, unha discapacidade auditiva do 35% e atópase desempregado. Dende fai 5 anos un garaxe da súa nai convertiuse na súa única vivenda. O gran problema deste galpón e que non conta cun baño, o que fai que este veciño de Rianxiño teña que defecar nunha bolsa de plástico, ouriñar nun camiño cerca da súa casa, feito que xera conflicto entre os veciños ou ducharse cun pouco de auga que atopa nunha fonte próxima ao lugar.
Leva anos buscando traballo e asegura que non atopa nada.
Esta mesma mañá José estaba pescando na praia do Tronco para o seu autoconsumo cando explicou que, ante a súa situación, se viu obrigado a acudir á casa consistorial de Rianxo para pedir unha axuda económica que lle permita construir un baño dentro do galpón. Achégase o inverno e a José preocúpalle a súa saúde.
Pola súa banda Adolfo Muíños asegurou que o goberno ten disposición de arranxar o seu baño. Ademais informou que este veciño podería obtar a unha das vicendas sociais que o goberno pretende habilitar ás persoas que se atopan nesta situación. Incidiu en que hai quince días a consellería fixo unha inspección das mesmas para poñelas a funcionar canto antes.
O VECIÑO DE RIANXO que se ve obrigado a defecar nunha bolsa porque carece de baño pide axuda a ADOLFO MUÍÑOS
Please login to join discussion