O salón de xuntas da Casa Consistorial de Boiro acolleu esta mañá un pleno da Mancomunidade Arousa Norte ao que asistiron os alcaldes dos catro concellos e onde se estudou a evolución do traballo ao longo do ano.
Un dos temas acordados foi o escenario que acollerá o principal acto de fin de exercicio deste ano e que, ao igual que o ano pasado, será o Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.
Ademais disto tratáronse seis temas de gran relevancia para a Mancomunidade.
O primeiro deles foi desenvolver unha estratexia de acción para a asistencia entre os días 20 e 24 de xaneiro á Feira Internacional de Turismo 2016. Un evento no que tomará as rendas o futuro presidente e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.
No segundo dos temas abordaron o estudo do perfil turístico que acude ao Barbanza.
Arousa Norte + q tapas tamén estivo presente.
Tamén estudaron a rendibilidade económica da visita do grupo turístico máis grande de Xapón, Japan Tourism Marketing, que quixo coñecer o paquete turístico da Mancomunidade para persoas con discapacidade visual.
Por último Dieste deu conta dun dos temas de maior relevancia. Asegurou que están pendentes dunha entrevista coa Axencia Galega de Turismo para o novo convenio do 2016 e fixo fincapé ademais na disposición que teñen os Concellos para aumentar a cuantía, ata o de agora facían unha aportación de 40.000 euros.
Antes de que remate este ano volvera celebrar un pleno para aprobar os presuspostos.