En cumprimento ao anunciado na xunta de voceiros do pasado martes, os voceiros dos diferentes grupos da Corporación recibiron esta mañá un estudo de custes comparativo no que se reflicten de forma exhaustiva e pormenorizada os importes que para os usuarios suporía unha xestión integral do saneamento por parte do Concello ou ben unha xestión compartida con Augas de Galicia. En todos os escenarios contemplados, a explotación e mantemento da EDAR de Couso por parte da entidade dependente da Xunta de Galicia resultaría en torno a un 20% máis cara que no caso de que esta foxe levada a cabo polo Concello, porcentaxe que se elevaría ata o 26,7% se se efectúa a comparación sen considerar os impostos indirectos do tipo do reducido do IVA.