O PERCEBE acada unha media de 40 euros o primeiro día de campaña e o máis caro chega aos 111 euros

A cotización do percebe salvou o primeiro día de campaña en Aguiño.
Descargáronse 700kg e os seis primeiros prezos foron moi altos, comezaron en 111 e foron baixando a 90, 84, 83, 70 e 65 de forma progresiva para finalmente acadar unha media de 40 euros.
Estos son datos moi positivos para o patrón maior e o conxunto de mariñeiros que esta mañá baixaban das lanchas con cara de preocupación debido a un pésimo inicio da campaña.

José A. Santamaría explicaba que unha mala condición marítima non permitiu traballar con facilidade e os mariñeiros tiveron que arriscar máis do esperado.

Asegurou que o tamaño é bastante xeitoso para ser o primeiro día, pero incidiu en que a gran maioría do percebe que se atoparon era moi novo e non había moita cantidade.

Case a totalidade dos 150 traballadores que hoxe sairon ao mar foron quen de coller os topes.

O patrón maior augura que esta semana tan só volverán a sair ao mar un par de veces xa que as condicións meteorológicas parece que non van mellorar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.