O Concello de Ribeira fai saber de que o pasado 6 de novembro, ás 10.30 horas, foi achado un cabalo solto no lugar de Chacín, parroquia de Palmeira. Efectuadas as comprobacións oportunas púxose de manifesto que o animal carece de microchip e as pescudas para identificar o dono resultaron infrutuosas.
Trátase dun macho novo enteiro de aproximadamente dous anos de idade, de cor marrón cunha mancha branca por riba do pezuño da pata dereita traseira e outra pequena na fronte. O animal atópase agora mesmo no centro de pupilaxe de Balteiro, na parroquia de Oleiros, onde se lle están proporcionados os coidados básicos.
Dende o Concello de Ribeira quérese facerse público este achado para xeral coñecemento e co ánimo de localizar ao propietario ou titular do animal, quen deberá –dun lado- acreditar a súa titularidade e –doutro- aboar os gastos derivados de aloxamento, manutención, etc…
Os interesados poden contactar co Grupo de Acción e Emerxencias Municipal (tlf. 689 781 863) ou ben co Departamento de Medio Ambiente do Concello (tlf. 981 835 417 / email medioambiente@riveira.com)
https://www.youtube.com/watch?v=eDAvU8IDOT8