O Noia conseguiu unha importante vitoria ante un rival directo como o Mugardos. Os mozos de Yago Iglesias rendibilizaron o solitario gol de Hugo para sumar os tres puntos, saír do pozo do descenso e coller aire na clasificación. A parroquia noiesa gozou dun encontro que tivo dous partes completamente diferenzas, durante o primeiro tempo o Noia foi dono do partido, no segunda, o encontro converteuse nunha ruleta rusa. O marcador quedou 1-0.
O Boiro só puido traerse un punto da súa visita a Bouzas e mostrou un marcador de empate a un.
O Puebla desperdiciou onte unha oportunidade perfecta para sumar os tres puntos e perdeu 2-0 ante o val.
O Ribeira pagou a ausencia das súas dúas xogadores insignia, Álvaro Calo e Fransiño, na súa visita a Monforte de Lemos. Dolorosa goleada recibida polo conxunto de Susín, que viu como os lucenses xa gañaban 5-1 ao termo dos primeiros 45 minutos, vantaxe que se converteu nun 8-2 ao termo do encontro.
https://www.youtube.com/watch?v=vzierCd-dQY