CONDE salienta as posibilidades da mixta NAVANTIA-UDC para impulsar o estaleiro do futuro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na xornada de traballo organizada por Navantia e a Universidade da Coruña para avaliar os avances da Unidade Mixta de Investigación que están a desenvolver ambas entidades co apoio da Axencia Galega de Innovación. Unha iniciativa que, segundo explicou Conde, busca impulsar en Galicia o estaleiro do futuro co obxectivo de aumentar a produtividade do sector e reducir os tempos e os custos de fabricación.
A iniciativa mobilizará un investimento de 2,3 millóns e xerará 18 empregos cualificados. Os traballos levados a cabo, sinalou o conselleiro, buscan dotar ao naval galego de “prestacións imprescindibles” para dar un salto cualitativo na súa competitividade. Neste sentido, explicou Conde, o proxecto terá un impacto “real e inmediato” en Navantia, sendo xa de aplicación para o programa das próximas fragatas F-110.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.