Cun 90% dos proxectos do programa electoral rematados, LUÍS OUJO enfróntase ao saneamento da totalidade do municipio

O goberno de Luís Oujo consigue acadar o 90% dos proxectos prometidos no programa electoral do ano 2001. Así o asegurou esta mañá o alcalde.
Un goberno que loitou por acadar o 80% do saneamento e que xa pode dicir que
as obras na depuradora de Baroña están a pique de rematar e a de Xuño e Caamaño que acadaron un custe de 400.000 euros, xa se van poñer en funcionamento.

De cara ao vindeiro ano o concello ten un compromiso coa consellería para poñer en marcha obras para o saneamento de queiruga e de san pedro de muro. Luís asegura que están a elaborar o proxecto e que de momento xa descartan a instalación de colectores. As posibilidades que se batallan son un punto de bombeo ou microdepuradoras.

Luís Oujo fai ademais un repaso das obras máis importantes que xa están rematadas. A Ampliación do peirao sonense ou a posta en marcha da escola infantil e a adjudicación da súa contorna co fin de recuperar a futura alameda xa son unha realidade.

As maiores demanas dos veciños son para o mantememnto de camiños ou a atención ás parroquias. O mandatario local asegura que os traballadores do concello seguirán visitando tódalas parroquias para coñecer a totalidade das demandas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.