Despois de varios meses de espera o crustáceo por excelencia da cofradía de Aguiño volverá á lonxa o próximo luns día 16 para incrementar os ingresos do pósito. Os meses de novembro e decembro suporán o repunte máis forte do ano.
Os mariñeiros coñecen de sobra o poder de este producto e a súa importancia especialmente na campaña de Nadal que, sen ir máis lonxe, foi o ano cando acadou prezos de ata 140 euros, o importante e que este ano se agarda unha campaña semellante.
200 mariñeiros deixarán de ir á ameixa e á navalla para cambiar a este arte o que suporá un alivio para a cofradía e para os mariñeiros.
As Illas Atlánticas xa están baixo o seu punto de mira que os fai agardar desexosos de producto. O patrón pensa que o ouro negro que reluce nas pedras non é moito, pero destaca a súa calidade.
O bo tempo será o responsable de cumprir cunha boa campaña na que o pósito puxo toda a súa esperanza.