Un completo programa de dinamización achega a cultura e a lingua galega á sociedade adulta e infantil de RIBEIRA

O Concello de Ribeira deu a coñecer esta mañá o Programa de Dinamización Lingüística do Concello de Ribeira.

Para dar conta das actividades nas que se está a traballar a concelleira de Educacion, Herminia Pouso e a responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, ademais de Massimo Tommasi, colaborador especializado en idiomas deste departamento por convenio coa fundación Paideia que estivo a traballar na confección dunha guía escolar.

En primeiro lugar e pensando na veciñanza adulta, desenvólvense un bloque denominado O galego como vínculo, composto de dous programas: dun lado, As nosas historias e, doutro, un curso de iniciación á lingua e cultura galega orientado a persoas de fóra de Galicia que arrancará o vindeiro día 17 no Lustres Rivas e constará de 20 horas lectivas co fin de aproximar aos inmigrantes á nosa cultura e facilitar así a súa integración.

O segundo bloque titúlase O noso contorno e está dirixido á poboación escolar. Entre as actividades novidosas deste apartado contémplase a iniciativa Coñece o teu contorno próximo: esta acción deu comezo antonte cos pequenos do CEP de Carreira e a idea é facilitar a alumnos de todos os centros educativos de Riveira o a súa familiarización coas instalacións de carácter municipal e o seu funcionamento, programando visitas cada dez ou quince días.

De feito, xa está prevista unha nova visita escolar, neste caso do colexio Bayón, que o vindeiro mércores 25 de novembro 50 nenos e nenas de primeiro de Primaria coñecerán a Biblioteca Municipal e o Centro Cultural Lustres Rivas.

En último lugar e tamén dentro do bloque O noso contorno figuran as actividades de carácter cultural dirixidas aos colexios, que comezarán o vindeiro mércores 18 de novembro coa proxección dunha película dirixida ao público infantil: Maimiño e o espello máximo, que terá lugar no Auditorio ás 10.30 horas. O interese dos centros educativos fixo que xa estean completas as 278 butacas do aforo.

https://www.youtube.com/watch?v=_WY4VzW8X34

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.