A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE BOIRO asume a atención aos refuxiados como unha cuestión de estado e ponse da parte de longhope

Non se alonxou moito do resto dos plenos o celebrado na noite de onte na casa consistorial de Boiro. Caracterizouse polo gran número de puntos debatidos que xeraron conflicto entre os distintos grupos políticos e que alongaron a sesión durante horas. De non ser porque o grupo independente Boiro Novo se viu na obriga de solicitar a retirada das súas mocións debido a que a súa portavoz se encontra de baixa, o pleno poderíase ter prolongado moito máis.
Renunciaron a estas mocións para o debate, así como outra do partido popular para a defensa do estado das autonomías.
Para o vindeiro pleno quedou pendiente o punto 22, unha moción sobre a apertura do aparcadoiro da Negral e a urbanización entre a Avda. da Constitución así como do Río Breiro e a estrada de Abanqueiro de Barraña e o paseo fluvial ao longo do río.
Finalmente foron aprobados todos os puntos e por unanimidade aprobaron dúas declaracións institucionais. Unha delas, proposta polo partido popular, para asumir a atención aos refugiados como unha cuestión de estado e unha moción do bng sobre as reclamacións dos mariñeiros Galegos agrupados na asociación longhope.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.